Novas 2016

COMPETICION

26 Ago 2016

Todo por decidir

Todo por decidir

Portugalete será testemuña mañá e máis o domingo da VIII Bandeira Ambilamp ‘Reciclamos a Luz’ e da XXXV Bandeira Noble Villa de Portugalete

A Liga San Miguel volta este fin de semana por última vez antes do parón con motivo da desputa da Bandeira da Concha. Un fin de semana moi especial xa que nos despediremos de forma oficial do último clasificado, que descenderá automáticamente á ARC-1, así como do décimo e do noveno. Mentres que o penúltimo, terá que pelexar polo seu billete o vindeiro 17 e 18 de setembro nos playoff polo ascenso.

Pero antes de todo iso temos un grande fin de semana por diante. Un fin de semana que chega con unha apaixonante batalla pola primeira posición na loita da Coroa CaixaBank entre NT2 Hondarribia e Urdaibai Avia, separados ambos por apenas un punto. Pero a batalla non só se concentra na parte alta, na parte media as regatas que se están vivindo son de auténtico luxo, decidíndose nos metros finais. E por suposto, a zona baixa da táboa, na que Portugalete Eulen trata de facer valer eses seis puntos de renda que lle sirvan para eludir o descenso, mentres que Zumaia tentará seguir coas sensacións do último fin de semana e buscar a remontada que lle permita remar o playoff. Por se isto fose pouco, o Trofeo CaixaBank ao Mellor Patrón tamén está moi aberto con Endika Pérez e Unai Oliden nestes momentos como líderes, pero seguidos a apenas un punto por Gorka Aranberri.

Así, a ría de Portugalete será tanto mañá ás 18.00 horas como o domingo ás 12.00 horas escenario da décimo sexta e décimo séptima xornada da Liga San Miguel, poñendose en xogo a VIII Bandeira Ambilamp ‘Reciclamos a Luz’, mentres que o domingo será o turno de XXXV Bandeira Noble Villa de Portugalete. Un campo de regatas de catro longos e tres ceavogas, trascorrendo estes por debaixo da Ponte Colgante. No encontro organizado polo club sestaoarra, cómpre sinalar que o ano pasado a victoria recaiu sobre a ‘Ama Guadalupekoa’, que con un tempo de 19’32”32, conseguiu dobregar a embarcación de Urdaibai Avia que ficou na segunda posición. Repasando o histórico desta bandeira, os gañadores foron Astillero (2010), Kaiku Producha (2012), Tirán Pereira (2013) e NT2 Hondarribia (2011 e 2015). Un encontro que non se caracteriza por ter unha grande diferenza entre o gañador e o segundo clasificado. Comparando os tempos de edicións anteriores, só na do 2012 hai unha diferenza maior de 10” entre o primeiro clasificado, Kaiku Producha, e o segundo clasificado, NT2 Hondarribia (+13”).

Xa o domingo, no mesmo escenario, porase en xogo a partir das 12.00 horas a XXXV Bandeira Noble Villa de Portugalete. Unha xornada que o ano pasado tamén tivo como gañador a NT2 Hondarribia, quen parou o crono en 19’32”50, avantaxando en oito décimas a Urdaibai Avia. No 2014, a vitoria foi para Orio Babyauto, que levou a bandeira con un rexistro de 19’04”74, e unha vantaxe dun segundo sobre Kaiku Producha. Nas dúas edicións restantes as vitorias foran para Kaiku Producha e NT2 Hondarribia. Respecto á maior diferenza entre os dous primeiros clasificados, produciuse na edición do 2013 cando Kaiku Producha sacou unha vantaxe de 6”46 sobre Urdaibai Avia.
 

Voltar