Novas 2016

COMPETICION

18 Ago 2016

Castro volta encontrarse coa Liga San Miguel

Castro volta encontrarse coa Liga San Miguel

Esta mañá presentouse no Concello de Castro Urdiales a IV Bandeira CaixaBank

Volta un dos escenarios clásicos da Liga San Miguel: Castro Urdiales. A localidade castreña recibe tres anos despois unha proba da máxima competición. Neste caso o encontro chegará baixo o nome de IV Bandeira CaixaBank, que voltará pór a proba a pericia das embarcacións sobre o clásico campo de regatas da ensenada de Brazomar. Un acotado que seguirá o formato clásico de catro longos e tres ceavogas.

Cómpre sinalar que a partir deste domingo, tal e como marca a normativa de competición, a orde de saída de todas as xornadas irá en base á clasificación xeral da Liga San Miguel. Polo tanto, unha vez rematado o encontro do sábado en Hondarribia, saberase que embarcacións completarán as quendas.

Así, esta mañá celebrouse no Concello a presentación da IV Bandeira CaixaBank na que estiveron presentes Ángel Díaz, alcalde de Castro; Fernando Ruiz, directivo de Castreña; e Jose Manuel Ortíz, directivo de ACT. 

Voltar