ACT TV 2016

ESPECIAL

02 Ago 2016

Valorando a primeira metade desde a zona baixa

Valorando a primeira metade desde a zona baixa

Chegados á metade do percorrido da Liga San Miguel, Zumaia, Portugalete Eulen, San Pedro e Zierbena Bahías de Bizkaia

Como vén sendo habitual a estas alturas da tempada, reunimos aos diferentes protagonistas da Liga San Miguel para que nos analicen como foi esta primeira metade na loita pola Coroa CaixaBank. Os primeiros en facelo serán os que, polo momento, ocupan as catro últimas posicións da clasificación. Na derradeira posición atópase Zumaia, que malia un arranque no que chegou a ocupar até en cinco ocasións o luminoso vermello, nas últimas catro xornadas conseguiu deixar por detrás ao seu rival máis achegado, Portugalete Eulen, póndose a cinco puntos dos jarrilleros. Precisamente, os preparados por Ángel Gómez non conseguiron atopar a súa mellor versión nestes últimos encontros, ficando últimos nas catro últimas xornadas. Cómpre sinalar que, os portugalujos conseguiron na Bandeira Eusko Label de Donostia a súa mellor clasificación, facéndose coa sétima praza.

Con unha marxe moito máis ampla nesta loita por eludir os derradeiros postos situase San Pedro con 47 puntos, unha ‘Libia’ que colleitou no domingo en Zumaia o seu mellor resultado con un quinto posto, o que o aupou aos 47 puntos. Oito puntos máis que os rosas ten Zierbena Bahías de Bizkaia, que veu encadeando resultados moi dispares, como o décimo posto en Getxo ou, na xornada seguinte, o quinto posto en Moaña.

Isto é o que nos contan os protagonistas da primeira quenda.  

Voltar