Novas 2016

COMPETICION

20 Xul 2016

Moaña encóntrase coa Liga San Miguel

Moaña encóntrase coa Liga San Miguel

A XXXIV Bandeira Concello de Moaña – VI GP Fandicosta abrirá o sábado ás 18.00 horas a fin de semana galega

A localidade pontevedresa de Moaña acollerá este fin de semana a XXXIV Bandeira Concello de Moaña – VI GP Fandicosta na que as 12 embarcacións da Liga San Miguel voltarán vérense as caras en augas galegas. O encontro será este sábado a partir das 18.00 horas (ETB1 e TVG2) e as embarcacións terán que cubrir as tres millas nunha proba en liña de catro carreiros e catro longos. O campo de regatas, como vén sendo habitual, terá as balizas de saída e chegada frente o espigón de Tirán, estando tamén neste entorno ubicada a fan zone que acompaña a Liga San Miguel en cada regata. Unha xornada que será a oitava da batalla pola Coroa CaixaBank e cuxa orde de saída será a seguinte. Na primeira quenda remarán Zumaia, Portugalete Eulen, San Pedro e Zierbena Bahías de Bizkaia. Xa na segunda, Cabo, Astillero, San Juan Iberdrola e Tirán Pereira. Mentres que Orio Babyauto, Kaiku Producha, Urdaibai Avia e NT2 Hondarribia serán quen compoñan a quenda de honra.

Na presentación celebrada esta mañá no salón de plenos do Concello de Moaña estiveron presentes, Leticia Santos, alcaldesa de Moaña; Marta Freire, tenente alcalde do Concello; Daniel Benavides, Delegado Provincial de Deportes da Xunta de Galicia; Javier Orge, representante de Fandicosta; e Juan Tenorio, presidente de Tirán Pereira.

Consulta el dossier de la regata

Voltar