Novas 2016

COMPETICION

26 Mai 2016

Castro Urdiales acollerá a IV Bandeira CaixaBank

Castro Urdiales acollerá a IV Bandeira CaixaBank

A localidade cántabra recibirá o 21 de agosto á decimoquinta xornada da Liga San Miguel

A Liga San Miguel retornará a un dos seus campos clásicos, Castro Urdiales. O vindeiro 21 de agosto ás 12.00 horas, a decimoquinta batalla pola Coroa CaixaBank trasládase a augas castreñas. Un escenario, cómpre sinalar, ao que a Liga San Miguel non acode desde o 2013, ano no que Kaiku Producha se impuxo na Bandeira Flaviobriga, con un rexistro final de 20’40”94, por diante de Tirán Pereira e Astillero.

Deste xeito, a Bandeira CaixaBank abandona a sede de Pasaia na que estivo asentada os últimos dous anos e na que a ‘Ama Guadalupekoa’ de NT2 Hondarribia saiu vencedora en ambas edicións. No 2013, ano do debut da Bandeira CaixaBank, en que a vitoria foi precisamente para Kaiku Producha, tamén se desenvolveu en augas cántabras, concretamente en Laredo.

Daquela, a Liga San Miguel porá en xogo nunha das fases álxidas da tempada en augas castreñas a IV Bandeira CaixaBank

Voltar