ACT TV 2016

ENTREVISTAS

30 Mar 2016

"Estamos a gozar na auga"

"Estamos a gozar na auga"

Juan Zunzunegui traballa con un plantel practicamente novo no que será a súa terceira tempada á frente de Zierbena Bahías de Bizkaia

Os ‘galipo’ de Zierbena Bahías de Bizkaia afrontan de forma ambiciosa a súa terceira participación consecutiva na Liga San Miguel. Os preparados por Juan Zunzunegui, malia teren “moita mudanza no plantel, o grupo está reforzado e estase traballando con moito máis gosto. Aínda que para case o 80% do plantel este sexa o seu primeiro ano connosco, non se sinten tantas diferenzas”, explica o técnico ‘galipo’, que xa ten a ollada posta no comezo do vindeiro 19 de xuño en Sevilla e na batalla pola Coroa CaixaBank . En base a isto, tamén apunta que “estamos correxindo algunhas cousas e, do principio de tempada até aquí, automatizamos alguns xestos que non tiñamos ben de todo. As últimas semanas estamos a gozar na auga”, sinala o preparador galego. 

E á vista queda xa que os ‘galipo’ se impuxeron no Campionato de Euskadi de longa distancia hai unhas semanas. “É unha referencia que che indica que imos polo bo camiño”, apunta Zunzunegui. “Nós tentaremos dar un bo rendemento e evitar a presión de estar atrás”, valora o adestrador de Zierbena Bahías de Bizkaia. E segundo explica, a grande presión para el é para quen está abaixo “xogándose o descenso, e por riba sen poder aspirar a gañar bandeiras”.

Voltar