ACT TV 2016

ENTREVISTAS

16 Mar 2016

"Non podemos especular en ningunha regata á que imos"

"Non podemos especular en ningunha regata á que imos"

O adestrador de Urdaibai Avia, Jon Salsamendi, valora a pretempada dos bermeotarras e proponse seguir con decisión entre os mellores

A traiñeira de Urdaibai Alvia comenzou a pretempada con ganas de demostrar outro ano máis que a 'Bou Bizkaia' é unha das traiñeiras máis fortes da Liga San Miguel e que son claros aspirantes para gañar a Coroa CaixaBank. O preparador da traiñeira bermeotarra, Jon Salsamendi, analiza unha pretempada "dura".

Tras do segundo posto do ano pasado na Liga San Miguel, o técnico de Orio di que "Urdaibai Avia non é un equipo no que se poida especular regata ningunha, non somos un equipo que poidamos pornos como meta gañar un campionato ou a Liga San Miguel". Porén, o adestrador explica que "o que temos que facer é preparármonos ben no inverno para poder comezar no inicio do verán na mellor das condicións".

Jon Salsamendi traballa duro con un plantel con poucas mudanzas, "o plantel practicamente é o mesma de hai tres ou catro anos, apenas tivemos dúas baixas esta tempada". Así e todo, o técnico admite que "adoita ser perigoso traballar con un plantel continuista porque veñen os acomodamentos e ano a ano hai que encherse de ilusión para empeñarse en traballar con decisión". 

O reto para este galo da Liga San Miguel é ambicioso, e por iso "temos que chegar á primeira regata con opcións de gañar e mantermos o ritmo gañador até finais de setembro", di Jon Salsamendi.

Voltar