Novas 2016
27 Xan 2016
Encontro de socios este sábado en Oiartzun
A elección do Presidente e da súa Xunta Directiva, así como a aceptación como socio de Zumaia, os puntos máis salientábeis da Asemblea
A sede que a ACT ten en Oiartzun será testemuña este sábado a partir das 10.00 horas da primeira Asemblea de socios do ano. Entre os puntos a falar neste encontro destacan a aprobación das contas anuais do pasado ano; a aprobación, de proceder, da xestión da Xunta Directiva da ACT; ou a ratificación do novo socio, Zumaia, e a conseguinte perda da condición de asociado por parte de Samertolameu Rodman Group.
Ademais, levarase a cabo a elección do Presidente e da Xunta Directiva de cara 2015 e 2016.