ACT TV 2015

ESPECIAL

19 Ago 2015

O líder exerce de anfitrión

O líder exerce de anfitrión

A Liga San Miguel chega a Hondarribia para desputar a décimo cuarta xornada da tempada
 

Este fin de semana a competición visitará a casa do líder para desputar a décimo cuarta xornada coa Hondarribiko XXXVIII. Bandeira - GP Mapfre que se porá en xogo o sábado a partir das 18:00 horas. Esta regata desputarase nun campo de regateo de tres millas náuticas, de catro longos e tres ceavogas, coas balizas interiores situadas frente o espigón de Hondarribia.

Como todas as xornadas desputadas nos sábados, a composición das quendas farase en base á clasificación xeral da Liga San Miguel. Polo tanto, a primeira quenda estará composta por Samertolameu Rodman Group, Portugalete Eulen, Zierbena Bahías de Bizkaia e Astillero. Na segunda quenda remarán San Pedro Ecolmare, Cabo, Tirán Pereira e San Juan Iberdrola. Por último, na quenda de honra loitarán Kaiku Producha, Orio Babyauto, Urdaibai Avia e NT2 Hondarribia.

A presentación da Hondarribiko XXXVIII. Bandeira - GP Mapfre celebrouse este mediodía no Concello de Hondarribia. O acto estivo presidido por Txomin Sagarzazu, aldalde de Hondarribia; Javier Lopetegui, representante de Mapfre; e Joxemi Elduayen, presidente de NT2 Hondarribia.

Voltar