Novas 2015

ESPECIAL

18 Ago 2015

A Coroa "la Caixa" volve á Portugalete

A Coroa "la Caixa" volve á Portugalete

O ansiado galardón retoma a súa andaina e chega a Portugalete

Despois de ter rematado a súa estancia de dúas semanas en Zarautz, a Coroa "la Caixa" emprende de novo a súa viaxe polo Cantábrico adiante para chegar ao seu novo destino, Portugalete. Alí residirá até o vindeiro 25 de agosto, cando retome a súa particular viaxe.

A nova residencia da Coroa é na oficina de "la Caixa" no número 4 da Avenida Carlos VII, onde estará disponíbel para quen a queira visitar. Unha vez rematada a estancia en Portugalete, o máximo galardón da Liga San Miguel fará unha nova parada, desta volta na capital biscaína, Bilbao.

Voltar