ACT TV

ENTREVISTAS

11 Xu˜ 2015

Á procura do trono da Liga Euskotren

Á procura do trono da Liga Euskotren

sete tripulacións loitarán polos tres postos que darán a oportunidade de vogar durante o verán con San Juan Iberdrola na Liga Euskotren

A Liga Euskotren comezará nun mes e as embarcacións aprontan a súa preparación para chegar a tope ás primeiras dúas xornadas en Pasaia e Donostia, onde se decidirá que clubs acompañarán a San Juan Iberdrola, campioa do ano pasado, na Liga Euskotren 2015. Estivemos cos adestradores de algúns dos equipos que participaron recentemente nesta competición e pedímoslle a súa opinión para a tempada deste ano.

Kike Manterola, adestrador de Zumaia Salegi Jatetxea Itziar, amósase satisfeito co traballo realizado polas súas mozas até o momento e olla con optimismo a nova tempada na que ”as cousas van bastante mellor” que no ano anterior. Da súa banda, Juan Mari Etxabe, preparador das actuais vencedoras do Trofeo Euskotren San Juan Iberdrola, ten claro que o obxectivo “ten que ser gañar”. Queren voltar a se converter en campioas e teñen a Liga Euskotren “marcada en vermello para a gañar”.

As subcampioas do ano pasado, Hibaika Jamones Ancín, teñen novo adestrador, Gorka Ibarluzea, e este cóntanos que a pretempada foi moi proveitosa para eles e que “adestraron ben” para buscar “manter o nivel” do ano pasado. De outra banda, o adestrador guipuscoano admite que “Zumaia marcou o nivel máximo até agora” e gañar non será tarefa doada. Finalmente Klaudio Etxeberria, adestrador de Orio Babyauto, pretende resarcirse do duro golpe que supuxo non se clasificar a tempada pasada. Mantiveron o bloque do ano pasado, mais esta tempada as remeiras “teñen máis experiencia” e márcanse o obxectivo de “entrar na Liga Euskotren e loitar por algunha bandeira”.

Ademais destes equipos, tamén loitarán por un posto na Liga Euskotren 2015: Cabo, Donostia Arraun Lagunak, Hernani Iparragirre Sagardotegia e Zarautz–Getaria.

Voltar