ACT TV 2015

ENTREVISTAS

27 Mai 2015

NT2 Hondarribia, a revalidar o título

NT2 Hondarribia, a revalidar o título

O equipo hondarribiarra procura emular a temporada pasada na que conseguiron erguer a Corona “la Caixa”

Son os actuais campións da Liga San Miguel e gañaron a denominación de favoritos para revalidar o título este ano tambén. Para isto, Mikel Orbañanos seguirá ao mando do equipo por decimoterceira tempada seguida, con un bloque moi semellante no que non se fixeron grandes mudanzas. Respecto ao plantel do ano pasado, as baixas que tivo o equipo foron dúas: Ander Zelaia e Aner Etxart, que pasou a ser adestrador da segunda traíña do club guipuscoano. Por outro banda, o plantel tamén se reforzou coas chegadas de Iurgi Iruretagoiena e Alex Udabe. O técnico oriotarra confía en que “o bloque non vai mudar moito” e aguarda dar un bo nivel durante toda a tempada.


NT2 Hondarribia participou en varios descensos e probas preparatorias durante este longo inverno e Orbañanos di que mantiveron “o nivel dado nos descensos en anos anteriores” e amósase satisfeito cos resultados obtidos que lles dan forzas para seguir “a facer ben as cousas e adestrando duro” até a chegada do verán. Respecto á posición de favoritos que ostentan para a nova tempada da Liga San Miguel, o técnico guipuscoano entende ese posto, pero lembra que gañar a Coroa “la Caixa” é moi difícil e depende de moitas “circunstancias” que se dan ao longo do campionato, mais que facendo ben as cousas estarán “optando a poder gañar o título”. Sobre os seus contrincantes da Liga San Miguel Orbañanos pensa que estará todo moi igualado, como nos últimos anos, e que “as regatas decidiranse con poucos segundos de diferenza”

Voltar