ACT TV 2015

ENTREVISTAS

13 Mai 2015

Cabo, a manter a liña ascendente

Cabo, a manter a liña ascendente

Gustavo Vázquez, adestrador de Cabo, terá a difícil tarefa de lograr o bo rendemento do ano pasado

Cabo consumou o ano pasado unha completísima campaña, conseguindo a cuarta praza no final da tempada, pero no club ficou unha espiña espetada por non teren conseguido “pór a guinda con unha bandeira”. Deixando a un lado o pasado, Cabo embarcouse nunha tempada onde quere facer as cousas ben e levan dende outubro “a adestrar duramente” ás ordes de Gustavo Vázquez. O preparador galego admite que “esta pretempada esta a ser moi dura a nivel individual”, por causa de varias lesións e demais problemas, e que os seus remeiros cada día “sorprenden máis ao superaren todas estas adversidades”.

Con respecto á tempada pasada o plantel sufriu as baixas de Javier Lago, Luis Piñeiro, Oscar Hermo, Javier Sayan e Eder Alonso. Ao que a altas se refire, entran no plantel Roberto Torres, José Rios, Jesús Silva e os xuvenís Pablo Tarrio e Rubén Tubio. En canto aos obxectivos para a presente tempada, Vázquez lembra que o primeiro obxectivo “é amarrar a permanencia”,e que a medida que pase a tempada verase o que se pode facer pero “poderíase loitar para estar nesa segunda quenda”. En canto aos seus competidores na Liga San Miguel cre que os catro “galos” terán como obxectivo gañaren a Coroa “ la Caixa” pero só pode gañala un e haberá que ver “como lles afecta iso” e “tentar estar aí”

Voltar