ACT TV 2015

ENTREVISTAS

18 Mar 2015

San Pedro Ecolmare, a loitar pola calma de metade da táboa

San Pedro Ecolmare, a loitar pola calma de metade da táboa

Aitor Balda, adestrador de San Pedro Ecolmare, prepara a tempada da Liga San Miguel con un plantel renovado

O adestrador guipuscoano Aitor Balda volve cinco anos despois para a casa que o viu medrar, facéndose cargo dunha ‘Libia’ con moitas caras novas como as de Urko Kortajarena, Mikel Arostegi, Haitz Ortiz, Urko Andueza, David Iglesias ou Ioritz Orbegozo. O equipo vai collendo forma a medida que pasa o tempo e o adestrador di estar “satisfeito co traballo que están a realizar” os seus mozos a día de hoxe, polo que se amosa optimista na que augura vai ser unha boa tempada para o club encarnado.

Un dos obxetivos de Balda é comezar forte a Liga San Miguel e “facelo o mellor posíbel seguindo a filosofía do club”. Así pois, este ano o club pasaitarra pretende manterse nunha zona cómoda da táboa tentando estar entre os oito primeiros, mellorando así os resultados da tempada pasada, mais sen se descoidar xa que, en palabras de Aitor Balda, detrás dos cuatro primeiros “vai haber unha grande pelexa”.

Voltar