ACT TV 2015

ENTREVISTAS

11 Mar 2015

"O reto é dominar a primeira quenda"

"O reto é dominar a primeira quenda"

Dani Pérez, adestrador de Astillero, prepara a tempada do club cántabro co obxectivo prioritario de conseguir a salvación esta tempada

Astillero encetou un novo ciclo no que agarda conseguir unha continuidade que lles permita non pasar apuros na nova tempada da Liga San Miguel. Para isto, o escollido para liderar esta mudanza foi o adestrador galego Dani Pérez, que despois do seu paso por Tirán tentará que a súa nova etapa sexa igual de exitosa. Precisamente, foi mentres adestraba o club galego cando foi nomeado mellor adestrador da Liga San Miguel 2013, galardón que logrou por ser elixido polos demais preparadores da liga.

Tras das numerosas baixas que sufriu ao remate da tempada, o club incorporou varios novos remeiros, como é o caso de Pablo Miranda e David Costa, que remaron con Dani Pérez a tempada pasada, o patrón Jonatan Castanedo ou Álvaro Nistal. No referente á Liga San Miguel deste ano, o técnico galego apunta que "o obxectivo principal é a salvación, pero o noso reto sería dominar a primeira quenda". Por outra banda, sinala que a igualdade seguirá a ser a nota dominante este ano e que "non é doado saber a que equipos podes gañar ou quen pode ser asequíbel".

Voltar