ACT TV 2014

ENTREVISTAS

17 Set 2014

Bermeo, penúltimo encontro da tempada

Bermeo, penúltimo encontro da tempada

A primeira xornada do playoff da Liga San Miguel terá lugar no sábado ás 18.00 horas e inmediatamente despois arrancará a Bermeo Hiriko XXXII Bandera

Esta mañá celebrouse na Casa de Cultura de Bermeo a presentación da Bermeo Hiriko XXXII. Bandera, correspondente á décimo oitava xornada da Liga San Miguel e que ademais servirá tamén para abrir o playoff de ascenso á Liga San Miguel no que participarán catro tripulacións. Como vén ocorrendo nos últimos anos, as tres millas náuticas do acoutado estarán repartidas en catro longos e as balizas interiores estarán situadas ao pé do espigón de Bermeo.

A particularidade deste encontro é que ademais coincide coa primeira xornada do playoff de ascenso á Liga San Miguel, no que en formato contra o reloxo, participarán Zumaiako Telmo Deun AKE, Amegrove Club de Remo, Getaria Indaux Viveros San Anton e Samertolameu - Rodman Group. O bandeirazo de saída desta primeira xornada será ás 18.00 horas. Inmediatamente despois será o turno da Liga San Miguel que, desta vez a catro carreiros, irán repartidos en dúas quendas. Na primeira vogarán Zierbena Bahías de Bizkaia, Tirán Pereira, Portugalete Eulen e San Juan Ibedrola. Na quenda de honra, o turno será para Cabo, Kaiku Ambilamp, Orio Babyauto e o líder da Liga San Miguel, Hondarribia Orsa.

Até a presentación desta mañá achegaronse a alcaldesa de Bermeo, Idurre Bediguren,  así como o presidente de Urdaibai, Agustin Aranburu. Ambos quixeron facer un chamamento ás afeccións para gozaren de forma conxunta e respeituosamente da décimo oitava xornada da Liga San Miguel.

Voltar