ACT TV 2014

ESPECIAL

03 Set 2014

Os momentos previos á regata

Os momentos previos á regata

Neste novo capítulo da ‘Liga San Miguel por dentro’ varios remeiros explícannos como viven eses minutos de tensión previos á disputa dunha regata

Os momentos previos a unha regata adoitan estar cargados tensión que cada cal leva ao seu xeito. Algúns aproveitan para facer grupo tomando un café ou visualizando o campo de regatas ou simplemente evadíndose nos seus móbiles. Outros, porén, mantéñense fieis ás súas manías. Habelas hainas de todo tipo. Das máis comúns, como escoitar música, até as máis peculiares como a de se pintar un brazo. Neste novo capítulo da ‘Liga San Miguel por dentro’ os propios remeiros cóntannos como viven estas horas previas a unha xornada. 

 

Voltar