Novas 2014

ESPECIAL

08 Xul 2014

Aitor Olaskoaga marca o ritmo da #PlaylistDeXullo

Aitor Olaskoaga marca o ritmo da #PlaylistDeXullo

O remeiro de Portugalete Eulen traenos unha listaxe chea de Punk e de Rock

Na #PlaylistDeXuño atopámonos con unha listaxe na que converxían unha grande variedade de estilos musicais. Porén, este mes entre as cancións que temos na listaxe podemos atopar un denominador común na maioría delas, o Punk Rock. Neste mes, Aitor Olaskoaga, colle o testemuño de Iñaki Arrieta para traernos a #PlaylistDeXullo. O remeiro oriotarra confeccionou unha listaxe moi cañeira na que predominan os grupos de Punk Rock, mais tamén atopamos algunhas cancións máis distantes deste estilo, algo máis relaxadas.

Entre as cancións máis cañeiras desta #PlaylistDeXullo atopámonos “Cuando Nada Vale Nada" de Soziedad Alkoholika, "Ellos Dicen Mierda" do mítico grupo vasco La Polla Records, "Enamorado de la Muerte" de R.I.P. ou a coñecidísima "Okupación" de Barricada. Mais non todas as cancións punk da listaxe son do noso contorno, tamén podemos desfrutar do mellor Punk internacional da man de "Bob" NOFX, "Fall Back Down" e "As Wicked" de Rancid e "The Warrior´s Code" do grupo americano Dropkick Murphys.

Mais non todo é Punk nesta listaxe, tamén hai cancións máis tranquilas como "Just a Boy" de Angus and Julia Stone e "Like A Rolling Stone" de Bob Dylan. Un aspecto que non debe faltar nunha boa listaxe son as cancións que todo o mundo coñece e toda a xente saben. Nesta recompilación tampouco podían faltar e claro exemplo disto son "Are You Gonna Be My Girl" do grupo australiano Jet, "Salir" de Extremoduro ou "En Blanco y Negro" de Barricada.

 

Barricada – En Blanco y Negro
Jet – Are You Gonna Be My Girl
The Distillers – City Of Angels
NOFX – Bob
Bob Dylan – Like a Rolling Stone
The Cure – Boys Don´t Cry
The Rolling Stones – Rip This Joint
Kortatu – Desmond Tutu
Delirium tremens – Kaixo
Soziedad Alkoholika – Itoiz, Ito Ez
Soziedad Alkoholika – Cuando Nada Vale Nada
R.I.P. – Enamorado de la Muerte
La polla record – Ellos Dicen Mierda
Rancid – Fall Back Down
Rancid – As Wicked
Dropkick Murphys – The Warrrior´s Code
Barricada – Okupación
Strike Anywhere – Chalkline
Extremoduro – Salir
Angus and Julia Stone – Just a Boy
 

Voltar