Novas 2014

ESPECIAL

01 Xu˜ 2014

Chegou a nova app da Liga San Miguel

Chegou a nova app da Liga San Miguel Chegou a nova app da Liga San Miguel

Desfruta xa da nova aplicación da Liga San Miguel para móbil ou tablet coa que poderás seguir todas as novidades da tempada

Xa podes desfrutar no teu móbil ou tablet da nova aplicación para seguir minuto a minuto as regatas da Liga San Miguel e a Liga EuskoTren. Na nova app poderase gozar dunha chea de ferramentas, novas, fotos... para que poidas seguir de perto a pelexa pola 'Coroa la Caixa'.

Unha das maiores novidades é a posibilidade de seguir en directo as regatas através do sinal GPS, co que poderás saber a posición de cada un dos equipos e a diferenza entre eles. Esta nova ferramenta acompañará as xa habituais seccións para as fotos (actualizadas cada regata), calendario da tempada, información de cada un dos equipos, resultados, novas...

Dende agora mesmo podes xa aproveitar todas as vantaxes que che ofrece esta aplicación entrando en www.ligasanmiguelapp.com

Voltar