Novas 2014

COMPETICION

24 Abr 2014

Bueu, novo escenario para a Liga San Miguel

Bueu, novo escenario para a Liga San Miguel

A localidade pontevedresa acollerá a terceira xornada da competición o 6 de xullo, completando deste xeito un calendario que terá un total de 19 probas

A Liga San Miguel ten pechado o seu calendario para a tempada 2014 que terá a súa data de inicio o 29 de xuño en Barcelona coa II Bandeira Euskadi Basque Country, e cuxo final da competición será o día 21 de setembro coa disputa da XL Bandeira El Corte Inglés. Unha das novidades para esta campaña serán as catro citas que a Liga San Miguel terá en augas de Galiza, algo que non ocorría dende hai cinco anos. Ás xa anunciadas citas de Sanxenxo o 5 de xullo, Moaña 9 de agosto e Boiro 10 de agosto, engádeselle o 6 de xullo un escenario inédito para a Liga San Miguel: Bueu. Esta nova incursión servirá para dar forma á terceira xornada e completar así o primeiro fin de semana en augas galegas.

Así pois, Bueu é un municipio que está situado na península do Morrazo, onde se atopan, entre outras localidades, Moaña ou Cangas do Morrazo. Con unha densidade demográfica de 12.000 habitantes, unha das principais fontes do Concello é o mar. Mostra disto é o arraigo existente polos deportes náuticos, entre os que, como non podía ser de outro xeito, atópase o remo. É por isto que dende o Concello de Bueu apostaron forte por levar por primeira vez a máxima competición das traíñas á súa localidade e esta mañá, na casa consistorial da localidade galega, selouse o acordo. "Despois de varios anos presenciando a Liga San Miguel en localidades próximas, por fin podémolo ter en Bueu e o certo é que é algo marabilloso ter un evento deste nivel entre nós", explica o alcalde de Bueu, Félix Juncal. Á hora de falar de Bueu, Juncal conta que "é unha localidade que conserva o encanto dun porto de baixura. Ademais combinamos historia e patrimonio, cun contorno con moito encanto no que as praias teñen un grande peso". 

Un acordo que ilusiona  a esta localidad pontevedresa e polo cal xa comezaron a conta atrás."A chegada da Liga San Miguel é unha grande oportunidade para proxectármonos ao exterior e o noso obxectivo é que isto non sexa cousa dun ano, senon que teña continuidade no tempo", conclúe o alcalde."É unha grande oportunidade para a Liga San Miguel seguir descubrindo novos escenarios e comprobar que esta competición subscita tanto interese en localidades ás que, até o momento, non puideramos chegar", explica Iñaki Mikeo, xerente da ACT. "Da ACT queremos agradecer a aposta realizada polo Concello de Bueu e agardamos que tanto deportistas como afeccionados desfruten no vindeiro 6 de xullo dun grande espectáculo", conclúe o xerente da competición. 

Voltar