ACT TV 2014

ENTREVISTAS

22 Mar 2014

A Liga San Miguel perfila os seus 19 encontros de verán

  A Liga San Miguel perfila os seus 19 encontros de verán

A ACT aproba na súa Asemblea o calendario desta tempada e a entrada da nova xuíza de disciplina, Esther Queraltó

A Asociación de Clubs de Traíñas celebrou entre onte e hoxe a Asemblea de marzo no Hotel Los Ángeles de Guarnizo. Entre os puntos máis salientáveis, sinalar que se procedeu á aprobación da entrada da nova xuíza de disciplina, Esther Queraltó. O anterior xuíz, José Luis Carretero, comunicou hai tres semanas á Xunta Directiva a súa renuncia ao cargo debido a motivos persoais que o van obrigar a estar lonxe do seu ámbito de traballo nos vindeiros meses. Así e todo, despois de sometelo a votación, os socios da ACT decidiron que Esther Queraltó sexa a nova responsábel deste cargo. A nova xuíza de disciplina ten máis de 25 anos de experiencia laboral no ámbito do asesoramento xurídico deportivo e, entre outras cousas, está moi ligada co mundo do baloncesto.

Por otra banda, tamén se aprobou o calendario da Liga San Miguel desta tempada que estará composto por 19 regatas e terá o seu comezo o vindeiro 29 de xuño en augas de Barcelona coa disputa da II Euskadi Basque Country, mentres que o remate será o 21 de setembro coa XL Bandeira de El Corte Inglés. Ademais, a Liga Euskotren volverá contar con oito probas. A esta terá acceso directo o vixente campión, Zumaia Salegi Jatetxea, mentres que o resto terá que pelexar polos tres postos en xogo na V Bandeira Marina de Cudeyo e a III Bandeira Eusko Label que, ademais de seren probas puntuábeis para a Liga, servirán para realizar a composición da competición. O final da Liga Euskotren será a fin de semana do 16 e 17 de agosto, con motivo da disputa da Zarauzko VI. Ikurrina.

Por último, se procedeu á aprobación dos orzamentos para as dúas competicións, que ascende a un millón de euros e dos cales 200.000 euros destinaranse a premios. 

Voltar