Novas 2013
COMPETICION
22 Abr 2013
INSCRIPCIÓN LIGA EUSKOTREN 2013
8 clubspara participar na próxima edición da Liga Euskotren.
Despois do período de inscripción da Liga Euskotren 2013 estes son os clubs que se inscribiron para a presente tempada:
· Zumaia Salegi Jatetxea (actual campioa).
· San Juan Iberdrola
· Orio Babyauto
· Hondarribia
· Hibaika Jamones Ancin
· Zarautz
· Bizkaia
· Santoña
Os equipos Rianxeira Mecalia e Getaria-Tolosa non formalizaron a inscripción e, polo tanto, non participarán na vindeira edición da competición feminina. Trofeo Euskotren:
· 2009: Galicia
· 2010 Exequo: Galicia – Gipuzkoa
· 2011: Getaria-Tolosa
· 2012: Zumaia Salegi Jatetxea
O formato de competición da Liga Euskotren 2013 será o mesmo da tempada pasada. Participarán as 3 mellores traíñas inscritas xunto a Zumaia Salegi Jatetxea, campioa da pasada edición. Para determinar as 3 tripulacións que acompañarán a tripulación zumaiarra disputarase unha eliminatoria a dúas regatas contra o reloxo nas dúas primeiras xornadas da Liga Euskotren: Pedreña e Donostia, esta última coa disputa da Bandera Eusko Label.