Novas 2012

COMPETICION

31 Ago 2012

PLAY OFF ACT 2012

PLAY OFF ACT 2012

Onte finalizou o prazo concedido para a inscrición dos clubs interesados en participar no Play Off da Liga San Miguel.

Conforme ao previsto no Capítulo V da Normativa de Competición da Asociación poden tomar parte no Play Off da ACT até dous representantes de cada unha das asociacións ARC e LGT sempre que concluísen a tempada entre os tres primeiros clasificados nas súas respectivas ligas regulares. Inicialmente tomarían parte no Play Off o 1º e 2º clasificado da liga regular de cada asociación. Se algún de tales clubs renunciase a tomar parte no Play Off, o 3º clasificado da asociación onde se produce a renuncia podería acudir.

 

Os clubs que proveñen da ARC e LGT enfrontaranse a Zumaia Altuna e Uria que a falta de dúas xornadas para o final da liga regular figura en 11º praza, o 12º clasificado, Zierbena Bahías de Bizkaia, descende de forma automática. As datas previstas para o Play Off son os días 15 e 16 de setembro de 2012 nas regatas da Liga San Miguel que serán celebradas, respectivamente, en Bermeo e Portugalete (Bandeira Corte Inglés).

 

Estes foron os 3 clubs que se inscribiron:

 

· ORIO BABYAUTO

· SANTURTZI IBERDROLA

· AMEGROVE CR VIABÚS TRAVEL

 

Cabe destacar que, por diferentes motivos, CR Chapela e CR Samertolameu renunciaron a participar no Play Off da Liga San Miguel 2012.

Voltar