Novas 2012

COMPETICION

13 Ago 2012

ZARAUTZ VOLVE SER XUÍZ DA LIGA SAN MIGUEL E DA LIGA EUSKOTREN

ZARAUTZ VOLVE SER XUÍZ DA LIGA SAN MIGUEL E DA LIGA EUSKOTREN

A máis non poder entre Kaiku Ambilamp e Hondarribia Orsa, e Zumaia-Salegi e Rianxeira Mecalia

A máis non poder entre Kaiku Ambilamp e Hondarribia Orsa, e Zumaia-Salegi e Rianxeira Mecalia

 

Zarautz é un clásico dende hai tempo, e celebra este ano a súa XXXV edición. Talaiberri Txakolindegia foi o lugar escollido polo Concello para presentar a Ikurriña de Zarautz, unha cita presidida polo seu alcalde, Sr. Juan Luis Illarramendi, a concelleira de Turismo, Sra. Karmele Alberdi e o presidente da ACT, Sr. Pedro Andueza. Serán a 13ª e 14ª regatas puntuábeis da Liga San Miguel. Zarautz é moito máis que unha regata. É unha encrucillada onde o éxito loce máis que en calquera outro lugar, onde o traballo de todo un ano pode esfumarse se non se dá o callo.

 

Así será este ano tamén, nunha liga máis igualada que nunca. Parecía que Kaiku Ambilamp tiña a Coroa Mapfre na man, pero  Hondarribia Orsa non está polo labor, e os puntos de Zarautz poden decidir moitas cousas. Case todo.

 

Cita emocionante á súa vez para as clasificadas entre os postos 7º e 11º, dende Castro até Zumaia. 13 puntos separan a cinco embarcacións, e todas queren esquivar como sexa o 11º lugar, posto que leva ao play-off de ascenso e descenso.

 

O reparto de puntos será independente en cada regata. Repartiranse os 78 puntos en cada proba, sábado e domingo, pero o gañador da bandeira decidirase en base á suma dos tempos das dúas xornadas.

 

Ao mesmo tempo, cómpre salientar que a Liga Euskotren tamén disputará as súas dúas últimas regatas en Zarautz. Dobre cita, como na competición masculina. As citas son ás 18h00 o sábado, e a ás 12h00 o domingo. Igualdade máxima tamén entre as féminas, sobre todo entre Zumaia Salegi e Rianxeira Mecalia.

 

Ao remate do acto, Kaiku Ambilamp recibiu o trofeo ao mellor club da Liga San Miguel 2012 até a data. Todos os anos, o líder da competición recibe o trofeo "El Pescador", obra da escultora Rosario Florez. José Manuel Monje, representante de Kaiku recibiu o trofeo de mans da alcalde, Sr. Juan Luís Illarramendi.

Voltar