Novas 2012

COMPETICION

19 Xul 2012

DESTREZA DE PATRÓNS NA II BANDEIRA AUTORIDADE PORTUARIA DE PASAIA

DESTREZA DE PATRÓNS NA II BANDEIRA AUTORIDADE PORTUARIA DE PASAIA

Os botes da Liga San Miguel deberán realizar cinco ceavogas, e as da Liga Euskotren dúas.

O porto de Pasaxes acolle o domingo unha das regatas máis bonitas e peculiares da tempada. As condicións únicas da baía pasaitarra obrigan a cambiar o formato da competición, e iso obrigará ás embarcacións a atinar nun dos exercicios máis complicados e espectaculares do remo: a ceavoga. O campo de regateo constará de seis longos e cinco ceavogas, no caso da competición masculina, e de tres longos e dúas ceavogas, no caso da competición feminina. Manobrar ben en todas elas será fundamental para aquelas traíñas que se queiran levar a bandeira.

 

Este mediodía celebrouse a presentación da II BANDEIRA DA AUTORIDADE PORTUARIA DE PASAIA, no edificio da mesma autoridade, e a ela acudiron o Sr. Lucio Hernando, presidente da Autoridade Portuaria de Pasaia, o Sr. Gorka Reizabal, Xefe de Comunicación da Autoridade Portuaria de Pasaia, e o Sr. Josetxo Aranburu Presidente de Sanpedrotarrak AE. A xornada do domingo comezará ás 12 do mediodía, coa disputa da Bandeira Euskotren. Cabe destacar que a distribución de quendas da Liga San Miguel realizarase baseándose na clasificación da regata disputada a véspera en Ribamontán al Mar.

Voltar