Novas 2012

COMPETICION

06 Xul 2012

ESTE ANO SI

ESTE ANO SI

Análise da Liga Euskotren: Arritxu Iribar, locutora de Euskadi Irratia

A liga feminina chegou trala masculina, e a pesar de ter experiencia na organización, pode dicirse que os erros cometidos nunha competición de repetiron na outra. Por que? Como é posible? Si. Aínda que pareza incríbel, afirmaría que non se tomou en serio o tema das traíñas femininas. O propio esforzo das mulleres obrigou aos responsables, as mulleres reciben o premio baseándose no seu traballo, e diría que a edición deste ano da Liga Euskotren ten mellor pinta. As cotas, ou esquecer a representación por rexións, traerán que sexan as mellores as que voguen na Liga Euskotren (xa era hora!).

Deixando a un lado a Getaria-Tolosa, as demais terán que loitar duro para poder remar na Liga, e non será doado conseguilo. Vendo as regatas disputadas até agora, e sobre todo a última de Orio o pasado domingo, poucos ou ningún se atreverá a facer o prognóstico de que tres traíñas conseguirán o billete: Zumaia, San Juan, Orio... E as galegas? E a quen quitamos? O do pasado domingo puxo todas as previsións patas arriba. Intúo gran expectación para coñecer o que vai pasar nas regatas de mañá e pasadomañá. A pesar de que os dous campos de regateo son totalmente diferentes, todas remarán nas mesmas condicións, e terán que demostrar que aprenderon a conxuntar a forza e a técnica.

Fáiseme rechamante observar que algúns clubs andan xustiñas para completar a cuadrilla. Ver rapazas de 16-17 anos nas bancadas. Noutra fronte, tamén dá que pensar que mentres en Gipuzkoa o remo feminino mellorou moito, noutras rexións non. Bizkaia non vai sacar bote, en Cantabria perdeuse, en Asturias non houbo nunca, e en Galicia seguen coa selección, pero non tiveron a boa evolución que tivo Gipuzkoa. Por que?

A liga vai empezar, e creo que este ano si, este ano veremos a mellor competición que vimos até agora. As mulleres, como sempre, vano dar todo, e o nivel que van ofrecer vai ser o mellor de sempre. Pero este ano todos os que participan no remo actuarán con respecto cara ás rapazas. Este ano vexo outra actitude, outra atención cara a elas. Que as miñas impresións sexan certas! Este ano si.

Voltar