Novas 2012

COMPETICION

13 Xu˜ 2012

A TRAIÑA E UNHA PROLONGACION DA IDENTIDADE DE HONDARRIBIA

A TRAIÑA E UNHA PROLONGACION DA IDENTIDADE DE HONDARRIBIA

Mikel Orbañanos. Adestrador e remeiro de Hondarribia A. E.

Orbañanos intúe unha grande igualdade, aínda que recoñece que Urdaibai e Kaiku están un escalón por riba. Confía no traballo de canteira, e cre que Hondarribia debe ter como obxectivo remar na quenda de honra. Amósase orgulloso do apoio que lles ofrecen os habitantes da vila costeira, así como do forte punto de unión que teñen con eles

 

-A semana pasada recibiches na Gala de presentación o trofeo ao mellor adestrador do ano. Contento?

-Moito. Hai que ter en conta que o premio é por votación directa dos compañeiros, e iso convirte o premio en algo máis bonito se cabe. Eu recollín o premio, pero é moita a xente que traballa comigo, que non aparecen no primeiro plano: os adestradores das categorías xuvenís, por exemplo. Gustaríame adicarlles a eles este premio.

-Non sabías que ías recibir o premio.

-Non, pero é un colofón estupendo ao grande traballo que fixemos a tempada pasada. Conseguimos bos resultados, bonita cuadrilla, boa remada… Os remeiros interiorizaron ben o meu xeito de traballar, e foinos ben.

-É o teu décimo ano como adestrador na ACT. Logo se di, pero és o único na historia da asociación.

-Pois é, pero non o tería conseguido sen a axuda que moita xente me ten ofrecido. Vivín, vivimos bos momentos, e algúns non tan bos, e nesos malos momentos é cando vés que a xente do remo está feita dunha pasta especial, boa xente. Iso dame forzas para continuar traballando.

-Es adestrador e remeiro ao mesmo tempo. Amóldaste ben?

-Creo que en total somos seis persoas as que desempeñamos esa dobre función na ACT: Aizperro, Joseba Fernández, Mauri, Gabi Larrinaga, Salsamendi e máis eu. Aprendín que por dentro hai que traballar duro, pero que é enriquecedor observar o equipo por fóra, xa que cando estás dentro escápanseche bastantes detalles. O traballo de dentro da traíña dache seguridade, dende fóra a análise é máis completa.

-Como é Orbañanos no papel de adestrador?

-Esixente, pero trata os remeros con respecto. Para min é preciso que se intenten facer as cousas ben. É un traballo de grande responsabilidade, pero o club dame moita seguridade. Déixanme traballar, e a cuadrilla resposta. Estou contento.

-Hondarribia fixo unha aposta clara pola canteira, invertindo nela. Como se traballa coa canteira?

-O remo polo momento non xera grandes cantidades de cartos, polo que non é sinxelo realizar inversións importantes. No noso club é fundamental a vila e o pulo da veciñanza. A traíña é unha prolongación, continuación da identidade da vila, e os vecinos identifícanse co club e cos remeiros. Sendo esa a situación, que mellor que a maioría de remeiros sexan da vila. Recoñezo que baseándose nunha política de canteira non é doado estar na élite, pero a cuestión é buscar un equilibrio. Non é doado, pero nós traballamos moito a base, e despois recollemos os froitos. Non critico os clubes que priorizan grandes inversións. Cada quen é libre de levar a cabo a política que vexa máis oportuna, pero para min hai que valorar o que se consegue, e como se consegue. Para min conseguir éxitos deportivos baseándote na canteira é máis meritorio.

-Hondarribia estivo perto das mellores con esa filosofía, pero un paso por baixo.

-Estamos conformes. É imposíbel realizar fichaxes todos os anos. Que facemos se faltan cartos? Nós prometemos certo premio económico aos remeiros. Quizais este ano non, porque a cousa está mal, pero aínda con todo, todos os remeiros que estaban no club decidiron permanecer no club. Iso indica que a súa prioridade non son os cartos, que teñen un compromiso co club, e eu valoro moito iso.

-Tamén vos deron o premio á mellor organización de regata do 2011. Sinal de que facedes as cousas ben.

-Bon, é un día moi bonito para Hondarribia. Procuramos facer as cousas ben, aínda que son moitos os detalles que hai que coidar: a meteoroloxía, os barcos que andan de acá para alá, a xente…

-Quedan un par de semanas para que comece a Liga San Miguel. Como ves a competición?

-Penso que Urdaibai e Kaiku están por riba do resto. No 2011 foron mellores, e este ano debería repetirse o mesmo, porque os dous clubs mantiveron a case todos os remeiros. Os remeiros de Hondarribia teñen un ano máis de experiencia, e iso aumenta a nosa esperanza. Gustaríanos estar na quenda de honra en cantas regatas se poida, y de aí en diante, o que veña, benvido será, porque o remo non é matemática pura. De todos os xeitos, penso que o nivel medio da Liga subiu, e hai un abano amplo de embarcacións que poden conseguir unha bandeira. Iso apertará moito a clasificación.

-Falaches da quenda de honra. Quen vai estar aí?

-Urdaibai e Kaiku, como dixen, e Tirán, case seguro. Fixeron unha boa tempada no 2011, e conseguiron bos resultados en traiñeiriñas. Os dous botes de Pasaia tamén estarán perto dos catro mellores.

-Con que se conforma Orbañanos?

-Hoxe? Con nada. Non dou nada por bo, xa que os mellores logros adoitan ser aqueles que non esperas. A tempada pasada gañamos tres bandeiras, e fomos terceiros na clasificación da Liga. Non será doado mellorar ese resultado, pero intentarémolo.

-Quen dará a sorpresa?

-Difícil. O ano pasado, nunha regata, 11 traíñas chegaron á meta nun intervalo de 23 segundos, e esa distancia pódese reducir este ano. O nivel medio é mellor, e pode haber moitas sorpresas.

-Como ves os dous clubs recén ascendidos, Portugalete e Zierbena?

-Pode ser que a Liga San Miguel se lles faga un poco dura ao comezo, porque teñen remeiros novos, pero deben actuar con paciencia.

-A época de crise impedirá aos clubs que económicamente son máis fortes manter esa inversión, e entón pode vir a oportunidade para Hondarribia. Estás dacordo?

-Se é así, a nosa política está a ser exitosa. O remo está ben de saúde, pero se os éxitos deportivos os consegue un club que se basea na canteira, sería máis saudábel. A afeción valoraría máis o noso xeito de traballar.

Voltar