Novas 2011

COMPETICION

10 Ago 2011

AS LIGAS VOLVEN Á ESCENA CUNHA GRAN XORNADA DE TRAÍÑAS: A IKURRIÑA DE ZARAUTZ

AS LIGAS VOLVEN Á ESCENA CUNHA GRAN XORNADA DE TRAÍÑAS: A IKURRIÑA DE ZARAUTZ

Zarautz, 10 de agosto. - Zarautz é un clásico dentro da Liga San Miguel e celebra xa a súa XXXIV edición. A sociedade Cachi Bachi foi o lugar elixido polo Concello para presentar a Ikurriña de Zarautz, unha cita presidida polo seu alcalde, Sr. Juan Luis Illarramendi, a concelleira de Turismo, Sra. Karmele Alberdi, o presidente de Zarautz AE, Sr. Edu Muguerza e o xerente da ACT, Sr. Iñaki Mikeo.

A cita do sábado 14 é ás 18h00 e a do domingo, a mediodía. A regata está organizada pola Oficina de Turismo de Zarautz e Zarautz Arraun Elkatea, e patrocinada polo Concello da fermosa localidade costeira. Zarautz é moito máis que unha regata. É unha encrucillada onde o éxito brilla máis que en calquera outro lugar.
A Coroa Mapfre é exemplo desa axustada loita e os puntos de Zarautz poden decidir moitas cousas.

O reparto de puntos será independente en cada regata. Repartiranse os puntos en cada proba, sábado e domingo, pero o gañador da bandeira decidirase en base á suma dos tempos das dúas xornadas. A distancia a cubrir será a habitual: 5.556 metros, catro longos e tres ceavogas.

Ao mesmo tempo, salientar que a Liga Euskotren tamén desputará as súas dúas derradeiras regatas en Zarautz. Dobre cita, como na competición masculina. As regatas femininas darán comezo ás dúas xornadas. A competición acollerá as catro mellores tripulacións da Liga Regular: Getaria Tolosa, Galiza Rianxeira, San Juan Iberdrola e Zumaia.

 

Foto: Josi Unanue

Voltar