Novas 2011

COMPETICION

08 Abr 2011

NOTA DE PRENSA ACT

NOTA DE PRENSA ACT

Coa presente nota de prensa infórmase dos acordos adoptados pola Xunta Directiva da ACT na súa sesión do 7-4-2011 en relación cos feitos relacionados cun procedemento supostamente seguido contra varias persoas ligadas cun club socio da ACT que, no seu caso, tivese podido chegar a ser constitutivos dun presunto caso do ilícito previsto no art. 361 bis do Código Penal:

- Que procede pór os feitos en coñecemento do órgao disciplinario da ACT para que, en virtude do previsto no art. 5.3 do Regulamento Antidopaxe da asociación, proceda como entenda oportuno no desenvolvemento das competencias que lle son propias.

- Que procede comparecer a ACT ante as autoridades xudiciais que coñezan ou cheguen, no seu caso, a coñecer o referido asunto penal en calidade de acusación particular, e isto por se entender esta asociación parte perxudicada por eventuais condutas ilícitas no ámbito penal que tivesen podido ser cometidas por parte de persoas adscritas á asociación e que, ademais, puidesen ser consideradas como infraccións deportivas ou asociativas.

As accións descritas que se van realizar non poden ser consideradas ou entendidas no sentido inculpatorio respecto de ningunha persoa ou entidade socia, mais como unha simple actuación coherente coas normas da ACT e en clara sintonía coas posicións firmes sempre mantidas por esta asociación na súa loita contra a dopaxe. Lembrar que deben ser os órgaos que ostentan legalmente competencia nas súas respectivas xurisdicións quen coñeza, valore e, no seu caso, enxuicen calquera feito desta natureza. Entre tanto isto ocorre, considérase preciso respectar a presunción de inocencia da entidade afectada e os seus integrantes.

Voltar