Novas 2011

COMPETICION

26 Mar 2011

APROBADO O CALENDARIO DA LIGA SAN MIGUEL 2011

APROBADO O CALENDARIO DA LIGA SAN MIGUEL 2011

O sábado 26 de marzo celebrouse en Bermeo a 3ª Asemblea Xeral Ordinaria da ACT na presente campaña 2011 coa participación de todos os clubs que fan parte da mesma.


Na Asemblea Ordinaria salientaron os seguintes puntos:

- Aprobación do orzamento da tempada 2011 que ascenderá a 700.000€, premios incluídos. En canto a ingresos a Asociación contempla acadar os 500.000€ tendo en conta a aportación dos seus patrocinadores Cervexas San Miguel, Euskolabel, Ambilamp e dos patrocinadores de regata: Burdeos, concello de Bilbao, concello de Santander, concello de Zarautz, concello de Getxo e El Corte Inglés.

- Aprobación do calendario da Liga San Miguel 2011.

XUÑO

18 Regata exhibición Burdeos (NP) 19 Bandeira de Burdeos (1ª xornada LSM)


XULLO

2 Camargo 3 Bandeira de Bilbao CR

9 Moaña 10 Galiza

16 Pedreña 17 Bandeira Ciudad de Santander

23 San Pedro (A confirmar) 24 Bandeira Ambilamp (Portugalete)

30 Getxo 31 Zumaia


AGOSTO

13 Zarautz 14 Zarautz (Bandeira a dobre xornada)

20 Hondarribia 21 San Juan CR

27 Orio 28 Castro


SETEMBRO

17 Bermeo 18 El Corte Inglés (Portugalete)

A vindeira semana actualizaranse na web da ACT, concretamente nos apartados correspondentes ao calendario e máis á normativa.

Finalmente e malia a complicada situación económica, a Asociación aprobou a continuidade da Liga Feminina grazas ao esforzo de Euskotren e dos 4 equipos participantes: Bizkaia, Cantabria, Galiza e Gipuzkoa. Esta tempada eliminaranse os premios en metálico por regata pero destinaranse 20.000€ para o final da Liga Euskotren, deste xeito, cada club recibirá parte desa cantidade en función da clasificación final.

Voltar