Novas 2010

COMPETICION

08 Nov 2010

A LIGA EUSKOTREN PARA GALIZA E GIPUZKOA

A LIGA EUSKOTREN PARA GALIZA E GIPUZKOA

O Arbitro da ACT, con data 8 de novembro, ditou o laudo correspondente ao conflito suscitado pola determinación da tripulación vencedora da Liga Euskotren e resolveu, a partir do acto de conciliación das partes, que a tempada 2010 a competición Euskotren terá dúas gañadoras ex aequo como son a tripulación en representación de Galiza e a tripulación en representación do territorio de Gipuzkoa.

A ACT felicita a ambas entidades e ás compoñentes dos equipos de Galiza e Gipuzkoa polo resultado da competición e agradece afervoadamente a súa vontade de colaboración e acordo pacífico do tema que redundará, sen dúbida nigunha, en melloras na propia competición. Nos próximos días fixarase data para que os representantes institucionais da ACT poidan facer entrega ao equipo galego os trofeos correspondentes, como xa se fixo co equipo de Gipuskoa.

Voltar