Novas 2010

COMPETICION

24 Ago 2010

NINGÚN RESULTADO ADVERSO NAS 61 MOSTRAS OBTIDAS NAS PRIMEIRAS 12 REGATAS DA LIGA SAN MIGUEL E LIGA EUSKOTREN

NINGÚN RESULTADO ADVERSO NAS 61 MOSTRAS OBTIDAS NAS PRIMEIRAS 12 REGATAS DA LIGA SAN MIGUEL E LIGA EUSKOTREN

O Comité Antidopaxe e Control de Saúde da ACT informa que até o día 17 de agosto de 2010, data na que se celebraron 12 das 18 regatas que integran a Liga San Miguel da tempada 2010, e a finalizada Liga Euskotren, leváronse a cabo os seguintes controis antidopaxe:

Liga San Miguel:
- Número de misións ou actos de recollida de mostras:
a) Fóra de Competición: 17
b) En Competición 5.
Total: 22

- Número de mostras obtidas:
a) Fóra de Competición: 34
b) En Competición: 21
Total: 55

Liga Euskotren:
2 misións de recollida, ambas en competición, cun total de 6 mostras obtidas.

Nas mostras obtidas pola ACT e analizadas polo laboratorio de control da dopaxe homologado e cuxos resultados foron xa remitidos non existe ningún informe analítico adverso, isto é, coas técnicas analíticas dispoñíbeis polo laboratorio de control da dopaxe na actualidade non se acredita nos controis realizados a utilización de ningunha substancia ou método prohibido de entre os incluídos na listaxe de referencia.

Fican por remitir polo laboratorio de control da dopaxe os resultados correspondentes a 14 mostras, 2 das cales corresponden a controis de dopaxe realizados fóra de competición e 12 a controis da dopaxe realizados en competición.

Aos controis da dopaxe realizados cómpre engadir a realización dunha proba complementaria consistente nunha análise sanguínea realizada a 207 remeiros da totalidade dos clubs integrados na ACT despois da disputa da regata celebrada o día 14 de agosto de 2010 en Zarautz.

Non se inclúen nesta memoria os controis antidopaxe que durante a tempada 2010 lle puidesen realizar até a data a deportistas de clubs adscritos á ACT outros organismos con competencia en materia da loita contra a dopaxe nos seus respectivos ámbitos de actuación (federacións deportivas, axencias antidopaxe, etcétera).

No período que falta até a conclusión da tempada 2010 continuaranse realizando no seo da ACT actuacións como as descritas no presente documento e que serán reflectidas na Memoria correspondente que será remitida aos medios de comunicación.

Voltar