Novas 2010

COMPETICION

20 Xul 2010

A LIGA SAN MIGUEL TÍNGUESE DE ROSA EN PASAI DONIBANE: OS ANFITRIÓNS PROCURAN SEGUIR A ESTELA DE ORIO

A LIGA SAN MIGUEL TÍNGUESE DE ROSA EN PASAI DONIBANE: OS ANFITRIÓNS PROCURAN SEGUIR A ESTELA DE ORIO

San Juan Iberdrola é a revelación da tempada, e intentará conseguir a bandeira ante os seus afeccionados

A Liga San Miguel visita este sábado Pasaia, municipio de grande tradición remeira e orixe do club Koxtape. Despois de pasar uns anos fóra da élite, a embarcación rosa voltou remar ao carón das mellores, e de que xeito. San Juan Iberdrola está segunda na clasificación da Liga San Miguel, só superada por Orio, e este dato dá boa conta do grande traballo que están a facer os rosas no seu primeiro ano cos mellores.

A traíña de San Juan gañou xa o título honorífico de club revelación, malia disputárense só seis regatas. A transición da ARC á Liga San Miguel nunca é doada, mais San Juan demostrou que non notou a mudanza, e que fixo os deberes mellor que ninguén. Os pasaitarras pretenden seguir de perto a estela de Orio, actual líder da Liga San Miguel, e reducir a vantaxe de 7 puntos que os amarelos teñen na Clasificación Xeral.

A regata do sábado será a 7ª xornada puntuábel da tempada, e repartiranse 22.500 euros en premios. A Bandeira está patrocinada por Iberdrola, e tamén colaboran a Autoridade Portuaria de Pasaia, e o Concello. Esta tarde realizouse a presentación da proba no antiguo edificio do Concello Pasaia, e nela estiveron presentes Antxon Sistiaga, presidente de San Juan Iberdrola, Josu Bengoetxea concelleiro de deportes del Concello de Pasaia, y Oskar Novoa, directivo de San Juan Iberdrola.

A regata comezará ás 17h30. A distancia a cubrir será a clásica, 5.556 metros, pero a regata terá catro ceavogas. Dúas embarcacións sairán dirección Puntas, e as outras dúas, dirección interior da baía. Todas as embarcacións deberán deixar as balizas por babor, incluídas as da meta. A liña de saída estará sinalizada con carteis colocados sobre os carreiros indicando cunha frecha o sentido de circulación. A parte oposta levará unha aspa, que indicará que por ese carreiro e nese sentido non se pode circular.

As embarcacións cruzarán o porto de Pasaia de punta a punta, para disfrute de todos os afeccionados. Cada un defenderá as súas cores con enerxía, a mesma enerxía que poñerán os remeiros para levar a Bandeira Iberdrola.

Voltar