Novas 2010

COMPETICION

15 Xul 2010

GALIZA CO REMO: DOBRE CITA COA BANDEIRA MAR DE MOAÑA E BANDEIRA AFAMO

GALIZA CO REMO: DOBRE CITA COA BANDEIRA MAR DE MOAÑA E BANDEIRA AFAMO

A Liga San Miguel amosa o seu lado máis solidario organizando por primeira vez na súa historia unha regata homenaxe a todos os integrantes desta asociación.

Galiza vólcase esta fin de semana coa Liga San Miguel e co remo. A municipio pontevedres de Moaña acollerá as competicións do sábado e do domingo. As doce mellores tripulacións de traíñas seguen inmersas na loita por conseguir a Corona Caja Madrid, e levar consigo a presa máis suculenta; os 22.500 euros en premios con que está dotada cada proba.

O sábado disputaráse a XXVIII BANDEIRA MAR DE MOAÑA, a partir das 18h00, e será retransmitida en directo pola ETB en Euskadi, Aquí TV en Cantabria e TVG en Galiza. Este xoves ao mediodía celebrouse o acto de presentación da regata no Hotel Bienestar de Moaña, e nela estiveron Xosé Millán, Juan Tenorio del club de remo Tiran, José Romero directivo da asociación AFAMO, e Iñaki Mikeo, gerente de la ACT

As traíñas remarán sobre un percorrido de 5.556 metros (tres millas náuticas). Catro longos e tres ceavogas. Na primeira quenda bogarán as tripulacións de Zarautz Inmobiliario Orio, Zumaia Altuna y Uría, San Pedro Ecolmare e Tirán Pereira. A segunda quenda protagonizarana Hondarribia Orsa, Kaiku Ambilamp, Naturhouse Castro e Pedreña, e a terceira, a que reúne ás catro mellores: Astillero, Urdaibai Umpro Avia, San Juan Iberdrola e Orio Amenabar.

A segunda fin de semana da Liga San Miguel deixou a clasificación igualada entre Orio e San Juan, despois da grande fin de semana dos de Pasai Donibane. Urdaibai e Astillero tamén veñen puxando tras conseguir as súas primeiras bandeiras da tempada. Cita á súa vez especial para a traíña de Tirán, que bogará ante os seus incondicionais co obxectivo de se achegar aos grandes e abandonar por fin a terceira quenda, para se meter na segunda.

A Liga Euskotren tamén terá a súa 3ª cita en Moaña. A regata feminina comezará ás 17h30, repartiranse 6.000 euros en premios. Bogarán as embarcacións de Gipuzkoa, Bizkaia, Cantabria e Galiza, e terán que cubrir unha distancia de 2.778 metros, 1,5 millas mariñas, en dous longos e unha única ceavoga.

Na xeira do domingo tócalle á BANDEIRA AFAMO, unha das Bandeiras máis importantes da tempada polo seu significado. AFAMO é unha asociación que traballa cos afectados polo Alzheimer da comarca do Morrazo, e a regata do domingo será unha homenaxe a todos os integrantes desta asociación, polo importante labor desinteresado que realizan cos doentes de Alzheimer. Labor que case sempre fica fóra dos focos dos medios de comunicación, pero que este domingo recibirán a calor de todos cantos asistan á regata en Moaña. A Liga San Miguel quere demostrar con este xesto o seu lado máis solidario, e que a mellor competición remeira é un espello inmellorábel para axudar a quen traballa de xeito desinteresado.

A regata comezará ás 12h00, e será retransmitida en directo pola ETB en Euskadi, por Aquí TV en Cantabria, e pola TVG en Galiza. As quendas definiranse tras a clasificación da regata celebrada na véspera. Repartiranse 22.500 euros en premios, e as embarcacións deberán cubrir unha distancia de 5.556 metros, tres millas mariñas en catro longos e tres ceavogas. Media hora antes da competición masculina dará comezo a cuarta regata da Liga Euskotren, no mesmo escenario. Nova oportunidade para as galegas achegárense á selección de Gipuzkoa, clara dominadora da competición até o de agora.

Voltar