Novas 2011

COMPETICION

29 Xan 2011

BURDEOS DARÁ INICIO Á LIGA SAN MIGUEL 2011

BURDEOS DARÁ INICIO Á LIGA SAN MIGUEL 2011


O sábado 29 de xaneiro celebráronse na sede da Asociación de Clubs de Traíñas en Oiartzun a 1ª e 2ª Asemblea Xeral Ordinaria da ACT na presente campaña 2011 coa participación de todos os clubs pertencentes á mesma. Na segunda Camargo ocupou o sitio de Zarautz como socio da ACT.

Na Asemblea Ordinaria nº 1 salientaron os seguintes puntos:

- Lectura e aprobación da acta anterior (Bilbao): Aprobouse a acta da anterior Asemblea celebrada en Bilbao o pasado mes de novembro.
- Aprobación das contas da Tempada 2010: Preséntanse as contas e balanzos do exercicio 2010, despois das explicacións oportunas apróbase o peche económico da tempada anterior con 12 votos a favor (unanimidade). As contas ascenden a un total de 700.000€.
- Aprobación da xestión da Xunta Directiva na Tempada 2010: O presidente da ACT, Sr. Piter Bravo, fai un breve resumo da tempada e apróbase por unanimidade.
- Ratifícase a admisión do DR Camargo como novo socio da Asociación de Clubs de Traíñas coa consecuente perda da condición de asociado de Zarautz AE.

Na Asemblea Ordinaria nº 2 salientaron os seguintes puntos:

- O importe dos premios en cada bandeira ascenderá a un mínimo de 22.500€, a mesma cantidade que na tempada anterior.
- Apróbase presentar un aval de 25.000€ o 1 de maio. A aqueles clubs que non se atopen inmersos en ningún proceso disciplinario, devolveráselles o aval o 30 de setembro de 2011. De no ser así a vixencia do aval será até o 31 de decembro.
- Finalmente e despois da correspondente votación, por 12 votos a favor (unanimidade) fica nomeada a nova Xunta Directiva da ACT formada por:
- Presidente: Piter Bravo (Castro)
- Secretario: Josetxo Aramburu (Pasai San Pedro)
- Tesoureiro: Luis Unanue (Zumaia)
- Vocal: José Manuel Sotelo (Tirán)

Na Asemblea Extraordinaria salientaron os seguintes puntos:

- Apróbase a modificación dos estatutos para se dotar dun mecanismo que estabeleza que as regulacións aprobadas en materia competicional e que afecten exclusivamente á Normativa de Competición non poidan modificarse durante un período de tempo, e que calquera modificación que se faga de dita normativa teña unha vida mínima ou vixencia determinada asegurada. O período aprobado é de 4 anos sendo coincidente, como ocorre no seo de outras organizacións deportivas da nosa contorna, coa anualidade na que se celebran os Xogos Olímpicos de verán (2012, 2016, 2020, etc.). Sendo así, sería no ano 2012 cando se produza a primeira revisión da normativa competicional agora vixente e, en todo caso, o acordado en dita anualidade será de aplicación no seguinte ciclo olímpico. O estabelecemento dun mecanismo tendente a dotar as regulamentacións da ACT dun dispositivo de estabilidade.
- Apróbase a continuidade da normativa de competición da Liga Euskotren:
- Apróbase a proposta de acordo da Cámara de Comercio de Burdeos para o inicio da Liga San Miguel 2011 o día 19 de xuño de 2011. O sábado 18 de xuño celebrarase unha proba exhibición cos 12 clubs da ACT no río Garona de Burdeos. Ao día seguinte a Liga San Miguel 2011 comezará no mesmo escenario. Esa fin de semana, 18 e 19 de xuño, a ACT, incluída dentro dos actos da "Festa do Río" de Burdeos, encargarase de organizar actividades ao redor das regatas onde terá especial relevancia unha zona dedicada á despensa de bebidas e asados á grella.

Voltar