Novas 2017
ESPECIAL
13 Xul 2017
Ares estréase na máxima categoría
Esta mañá celebrouse o acto de presentación da X Bandeira Concello de Ares no Edificio Alianzas Aresanas
O domingo a partir das 12.00 horas, porase en xogo a sexta xornada da Eusko Label Liga, a X Bandeira Concello de Ares. Esta é a primeira vez que a Eusko Label Liga chega a esta localidade coruñesa, aínda que previamente esta regata se desputou varias veces na LGT. As balizas interiores estarán situadas frente o espigón de Ares e os 12 participantes terán que percorrer unha distancia de tres millas náuticas divididas en catro longos. Sendo unha xornada de domingo, as quendas comporanse en base á clasificación final da regata do sábado, a Bandeira Cidade da Coruña.
Esta mañá celebrouse o acto de presentación desta X Bandeira Concello de Ares no Edificio Alianzas Aresanas na que estiveron presentes Julio Ignacio Iglesias, alcalde de Ares; e Germán Sánchez, presidente de Ares.