Novas 2016
COMPETICION
13 Xul 2016
Getxo, unha das clásicas do calendario
A localidade getxotarra acollerá este domingo ás 12.00 horas unha nova xornada da Liga San Miguel coa Getxoko Estropaden XXXVIII. Ikurriña
Getxo convertiuse desde os comezos da Liga San Miguel nun dos encontros clásicos do calendario e este domingo, a partir das 12.00 horas, voltará acaparar todas as olladas do mundo do remo con unha nova xornada da batalla pola Coroa CaixaBank. A Getxoko Estropaden XXXVIII. Ikurriña – J.A. Aguirre Lehendakariaren XII. Omenaldia reunirá as 12 mellores embarcacións do momento nun campo de regatas que voltará ter as balizas de saída e chegada ao pé do Porto Vello de Getxo. A composición de quendas, cómpre sinalar, virá marcada polo resultado da VII Bandeira de Bilbao do día anterior. Pero ademais da xornada masculina, a Getxoko Estropaden VIII. Ikurriña porá en xogo a cuarta xornada da Liga Euskotren.
Hoxe pola mañá celebrouse o acto de presentación desta Getxoko Estropaden Getxoko Estropaden XXXVIII. Ikurriña – J.A. Aguirre Lehendakariaren XII. Omenaldia na Sala de Prensa do edificio da Policia Local de Getxo. Estiveron presentes no acto Imanol Landa, alcalde de Getxo; Álvaro González, concelleiro de deportes do Concello de Getxo; e José Manuel Ortiz, membro da Xunta Directiva da ACT. Os tres fixeron un chamamento á afección para gozaren desta xornada de domingo en augas de Getxo.