Novas 2019
ESPECIAL
11 Xul 2019
Unha regata con estrela
A VI Bandeira CaixaBank da Eusko Label Liga e a IV Bandeira CaixaBank da Liga Euskotren desputaranse domingo en Castro Urdiales
Volta unha das bandeiras clásicas da máxima categoría do remo. Referímonos á Bandeira CaixaBank, que neste domingo voltarán desputar os clubs da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren en augas de Castro Urdiales.
Cómpre sinalar que será a segunda regata que se desputará en Cantabria nesta tempada. Como a tempada pasada, tanto a ACT como CaixaBank seguen a apostar por este territorio cunha grande tradición polo remo, e grazas á inestimábel axuda do noso patrocinador oficial, Castro Urdiales voltará acoller un ano máis a elite do remo.