Novas 2019
ESPECIAL
26 Ago 2019
Deica logo San José XV
Astillero Repsol Electricidad y Gas despídese da máxima categoría do remo ao remataren na derradeira posición
Logo desta última fin de semana desputada en augas galegas, a Eusko Label Liga deu por rematada a súa tempada regular. Unha tempada que, tras 18 xornadas de dura loita tanto no mar coma na ría, Astillero Repsol Electricidad y Gas despídese da elite do remo. O histórico club de Cantabria rematou na décima posición na XXIX Bandeira Concello de Boiro, polo que, a San José XV perdeu a categoría despois de estaren a pelexar até a derradeira pada.
Da Asociación, desexámoslle ao club cántabro a mellor sorte nos seus futuros proxectos para antes ou despois podermos velos de volta na máxima categoría do remo.