Novas 2019

ESPECIAL

28 Ago 2019

San Pedro agarrouse ao único precedente

San Pedro agarrouse ao único precedente

A ‘Libia’ conseguiu evitar o descenso directo ao remontaren os catro puntos de desvantaxe que tiña no comezo de agosto con respecto a Astillero Repsol Electricidad y Gas

Finalmente San Pedro conseguiu evitar o descenso directo da ACT e xogarase a súa permanencia frente os aspirantes que virán cheos de vontade ao playoff da Eusko Label Liga que se desputará o vindeiro 14 e 15 de setembro en augas de Bermeo e Portugalete. En Pasaia, este feito celébrase como unha auténtica fazaña, e non é para menos, xa que no comezo deste mes de agosto, San Pedro era o último da competición e os catro puntos de desvantaxe que tiña sobre Astillero Repsol Electriciad y Gas non facían presaxiar un bo futuro para a ‘Libia’ na Eusko Label Liga.

Agora que conseguiron o primeiro dos seus obxectivos, moitos lembran o pesimismo que os invadía hai practicamente un mes. Pero ninguén pode culpalos por iso, xa que apenas un equipo tiña conseguido remontar esa cantidade de puntos frente ao seu rival e evitaren así perder automaticamente a condición de equipo ACT nas últimas edicións da Eusko Label Liga.

Alá polo ano 2011 dous equipos comezaban a tempada con obxectivos completamente diferentes. Orio Babyauto, que viña de lle desputar no 2010 a Coroa CaixaBank a Urdaibai Avia até a derradeira xornada, non contaba con que ía sufrir un revés tan grande naquela tempada. Do outro lado estaba Camargo, que logo de conseguir canda Zumaia o ascenso no playoff da campaña pasada, chegaba á elite do remo coa incógnita dun recén ascendido.

Téndose desputado o primeiro mes de competición, logo da Zumaiako XXVI. Ikurriña e con apenas seis xornadas por diante, os cántabros eran últimos e vían como os soños de permanencia se esvaecian ao estaren os ‘aguiluchos’ a nove puntos de distancia. Mais de repente o escenario mudou, Camargo comezou a encadear bos resultados regata tras regata e Orio Babyauto sumiuse nunha crise que o levou a perder esa valiosa vantaxe e a categoría de equipo ACT.

Esta foi a única vez, fóra a tempada 2014 na que Urdaibai Avia partiu cunha sanción de 95 puntos, que se deron remontado tantos puntos e é normal que en Pasaia celebren isto como unha vitoria. Daquela vez no 2011, o evitar o descenso directo non lle sirviu de moito a Camargo, xa que descendeu finalmente no playoff de setembro. Desta volta, San Pedro xa coñece a historia, e está disposto a ser o único equipo que primeiro remontou tantos puntos no mes final da competición e despois certificou a súa permanencia no playoff.

Voltar