Novas 2017

ASOCIACION

24 Xan 2017

Oiartzun convoca á Asemblea da ACT

Oiartzun convoca á Asemblea da ACT

Os socios reúnense por primeira vez este ano para escoller, entre outras cousas, o novo Presidente que patroneará á Asociación durante os dous vindeiros anos

Este sábado a partir das 10.00 horas a sede da ACT en Oiartzun será testemuña da primeira Asemblea deste novo ano. Unha Asemblea que chega con dous temas fundamentais. En primeiro lugar, a aprobación da entrada como socios de Ondarroa e Ares, o que, á súa vez, implicará a saída de Zumaia e Portugalete Eulen.

E por outra banda, a elección do novo Presidente, así como da súa nova Xunta Directiva. Tras cinco tempadas ao frente da Asociación, Pedro Andueza deixará o seu cargo o sábado, cedendo así o testemuño ao novo Presidente que os socios escollerán nesta Asemblea para os vindeiros dous anos. 

Voltar