Novas 2018
ESPECIAL
19 Mar 2018
Móvete este mes ao ritmo de Pello García de Andoin
Pello García de Andoin, patrón de Kaiku Producha, trae unha proposta musical variada para lle dar ritmo a este mes de marzo.
O mozo patrón de Kaiku Producha, Pello García de Andoin, que debutou por primeira vez na Eusko Label Liga na pasada tempada, tráenos unha proposta musical variada para este terceiro mes do ano.
Nesta nova playlist poderás atopar cancións de todo tipo, dos ritmos latinos que sonan en cada festa, da man de populares artistas como Daddy Yankee, Ozuna ou MC Fioti, a cancións que o petaron a nivel internacional como “Booyah” de Showtek ou “Final Song” de MO. Mais a playlist non se limita apenas a ambientes festivos, nela tamén poderás escoitar música trap. “Gucci Gang” de Lil Pump ou “No Type” de Rae Sremmurd son dúas boas propostas para descubrir este xénero musical que está a coller cada vez máis forza.
A playlist do patrón da Bizkaitarra tamén garda un oco para cancións máis tranquilas de artistas que forman parte da cultura musical, como é o caso de “Thunderstruck” do mítico grupo AC/DC, de “´Till I Collapse” de Eminem xunto con Nate Dogg ou de Imagine Dragons coa súa canción “Whatever It Takes”.
En definitiva, Pello ofreceunos unha propuesta variada, completa e para todos os gustos que seguro que non deixa indiferente ninguén.
Segue a nosa conta de Spotify e móvete ao ritmo das playlist dos remeiros!