Novas 2015
ESPECIAL
09 Abr 2015
A chicoria tamén se suma ao remo
A ACT e Molabe selan un acordo de colaboración, pasando a empresa biscaína a formar parte da caravana estival da competición
A ACT continúa o seu rumbo cara o verán e, ademais, segue aumentando a súa familia. Nesta ocasión, Molabe sube á traiñeira da Liga San Miguel para pór todo o seu sabor coas súas diferentes chicorias. Un acordo de colaboración no que as chicorias El Chimbo, El Árbol, La Niña e a solúbel Leroux, pasan a formar parte da caravana que percorre todo a cornixa cantábrica e atlántica durante o verán e na que, grazas á empresa biscaína, todo aquel que se achegue a presenciar as regatas poderá desfrutar da calidade dun produto asentando desde hai moitos anos nos nosos fogares.
Molabe foi fundada en 1966 pola unión de tres familias con grande tradición chicoreira (MOmoitio, LAnda e BElon) e construíron unha fábrica conxunta en Zamudio, cuxa actividade aínda continúa a día de hoxe. Desta fábrica sae a chicoria, este produto tan arraigado en toda a cornixa cantábrica, cos diferentes torrados adaptados aos gustos dos consumidores. A chicoria é un produto saudábel, 100% vexetal sen excitantes nin conservantes, rico en fibra, ideal para consumir soa ou mesturada con café, xa que lle aporta cor, aroma e máis sabor. Polo seu alto contido en fibra, axuda no coidado da saúde e no benestar de quen a consume habitualmente, sobre todo combinado con unha dieta saudábel e unha vida afastada do sedentarismo, polo que nos achegamos ao mundo do deporte con este patrocinio da ACT.
Así e todo, esta mañá procedeuse á sinatura do acordo até o que se achegaron Juan González-Fanjul, Director Xerente de Molabe S.A., así como Pedro Andueza, presidente da ACT. O máximo responsábel da Asociación quixo agradecer en nome de todos os clubs a confianza depositada pola empresa biscaína no remo. “Un novo paso para o remo e que nos volve confirmar a proxección á alza na que está inmersa a nosa competición. Ademais, que unha empresa con tanto percorrido haxa quixo unirse a nós é un dato moi significativo e agardamos que esa confianza se vexa recompensada este verán con unha gran competición”, sinala Andueza.
Juan González- Fanjul, pola súa banda, sinala que “o consumo de chicoria está moi arraigado na cornixa cantábrica. Achegármonos ao deporte e á mocidade supón un reto que levamos varios anos valorando e consideramos que a ACT cumpre con todos os valores: compañeirismo, esforzo, sacrificio e, sobre todo, deportividade, polo que agardamos desfrutar dunha bonita competición á vez que ofreceremos a quen visiten as regatas probas de produto e agasallos no village que acompaña a competición, así como xogos para os máis pequenos".