Novas 2015

ESPECIAL

17 Xu˜ 2015

Sen un claro favorito

Sen un claro favorito

Os xornalistas que cobren a información da Liga San Miguel tráennos a súa impresión da nova tempada estival de remo

A falta de moi pouquiño para que as traíñas comecen a navegar polas augas do Mediterráneo, os remeiros están comezando a ultimar as súas preparacións. O mesmo fan os xornalistas que se adican a transmitir do mar ás casas o que acontece no campo de regatas a todos os afeccionados pola televisión, a radio, os xornais en papel ou os medios en internet. Os xornalistas encargados de seguiren a Liga San Miguel comezan a facer os seus prognósticos para a nova tempada. Falamos con Imanol Arruti, de Onda Vasca, Oscar Ortiz de Guinea, de El Diario Vasco, Manu Maritxalar, de Euskadi Irratia, e Roberto Ramajo, da Cadena Ser, e estes déronnos as súas impresións do que pode ser esta Liga San Miguel 2015.

Imanol Arruti vese con ganas de que comece xa a competición e di que “a incertidume do principio apórtalle ilusión”. O xornalista donostiarra coloca a San Pedro Ecolmare como a revelación da pretempada, mas lembra que isto “hai que o corroborar” cando comece a competición. Da súa banda, Oskar Ortiz de Guinea agarda unha tempada similar á anterior, mais coa diferenza de que todo estará máis igualado e “calquera descoido” pode facer que algún club caia á “parte baixa” da clasificación. O xornalista salienta o feito de comezar a competición “no sur”, o que lle dará un aliciente máis.

Manu Maritxalar, cre que as forzas dos diferentes clubs se foron equiparando moito, polo que “os seguidores” do grupo cabeceiro estarán “moi moi perto”. Con isto, o xornalista de Euskadi Irratia, ve con bos ollos que a Liga San Miguel estea “a vanzar a un nivel máis parello” entre todos, o que fará que non se decida nada até as últimas xornadas. Finalmente, Roberto Ramajo, cóntanos que el ve unha tempada con “moita incertidume”, o que fará que haxa “moitas sorpresas”. En definitiva, ninguén se atreve a nomerar un claro favorito, xa que todos prognostican unha Liga San Miguel 2015 moi igualada.

Voltar