Novas 2018

ESPECIAL

06 Xul 2018

San Juan Sumelec, primeiro en abalar bandeira

San Juan Sumelec, primeiro en abalar bandeira

Os rosas foron os primeros en se erguer coa vitoria nunha regata oficial da ACT, celebrada hai exactamente 15 anos en augas de Castro Urdiales

Se o día 2 de xullo de 2003 é lembrado como o día no que se constituiu a ACT, catro días máis tarde, o 6 de xullo de 2003, será lembrado como a data na que a ACT comezou a navegar. Unha navegación que tivo o seu punto de partida en Castro Urdiales coa Bandeira ONO. Un formato novidoso e sobre todo vistoso, con dúas quendas de seis. Deste xeito foi como botou a navegar a máxima competición de traiñeiras. 

Así, a primeira quenda formárona Castro, Orio Babyauto, Cabo, San Juan Sumelec, Astillero e Urdaibai Avia. Malia chegaren os sanjuandarras na última posición á primeira baliza e con unha desvantaxe de 8 segundos frente Astillero, os rosas déronlle dado a volta ao conto e impúxeronse con un rexistro de 20’04”17. O segundo posto foi para Astillero, a cinco segundos, mentres que Mecos, que conquistou a segunda quenda, ocupou a terceira posición da proba cunha renda perdida de 13 segundos. A loita entre Urdaibai Avia e Orio Babyauto foi total, impóndose os da 'Bou Bizkaia' por pouco menos de dous segundos. Cabo levou a sexta praza a 28 segundos, mentres Pedreña e Castro tiveron unha grande batalla pola sétima posición que se decantou do lado dos pedreñeiros. GO fit Hondarribia ocupou a novena posición, por diante de Isuntza, Tirán Pereira e Zarautz. 

Malia non ter sido unha regata puntuábel, San Juan Sumelec marcou o seu lugar na historia da ACT convertíndose no primeiro equipo en abalar unha bandeira  na máxima categoría. 

Consulta os resultados da Bandeira Ono

Voltar