Novas 2023
COMPETICION
09 Mai 2023
12 aspirantes para os playoffs da Eusko Label Liga
Rematou o prazo para presentar a documentación para a fase de ascenso
A Liga Eusko Label segue coa folla de ruta marcada, e a menos de dous meses para o comezo da tempada, concluiu o prazo para presentar a documentación de cara os playoffs. Así, os clubs aspirantes a participaren nos playoffs de acceso á Liga Eusko Label, no mes de setembro, presentaron a documentación requerida. Tras analizar a documentación aportada polos clubs procedentes da ARC e ALN, a Xunta Directiva da ACT, admitiu as seguintes solicitudes presentadas, polo que agora estes clubs terán que conseguir a súa participación por méritos deportivos.
Clubes aspirantes a ascenderen á Liga Eusko Label da tempada 2024:
• Arkote Arraun Taldea
• Club de Mar De Castropol
• Club de Remo Ares
• Club de Remo Chapela
• Club do Mar Bueu
• Deustuko Arraun Taldea
• Larraun Kosta A.K.
• Pasai Donibane Koxtape A.E.
• S.D. Remo Pedreña
• Sanpedrotarra A.E.
• Zarautz Arraun Elkartea
• Zumaiako Telmo Deun A.K.E.