Novas 2018

ENTREVISTAS

12 Xu˜ 2018

"Temos que ser descarados"

"Temos que ser descarados"

Entrevistamos a Iker Zabala, adestrador de Santurtzi Iberdrola, que entre outras cousas comentounos como está a preparar os seus mozos para o seu debut na Eusko Label Liga

A conta atrás continúa e cada vez falta menos para que o reloxo chegue a 0. Os clubs están a ultimaren os detalles, e está case todo a punto para arriar estachas o domingo 24 de xuño en augas de Bilbao. Entrevistamos a Iker Zabala, adestrador do ascendido equipo Santurtzi Iberdrola, quen asegurou estar contento co traballo realizado durante todo o inverno pero di que “aínda non estou satisfeito. Satisfeito estarei cando estemos metidos no pelotón da frente”. A isto engade que “cómpre andarmos con pés de chumbo porque hai un salto bastante grande entre ARC e ACT”.

Con respecto ao seu ascenso e sobre como está a preparar os seus mozos para debutaren na máxima competición afirma que “moitas veces dígolles que cómpre ser un equipo valente e descarado, mais ao mesmo tempo humilde porque os rivais son moitísimo máis poderosos que os do ano pasado”. Ademais, sobre como está a ser adestrar un equipo para a Eusko Label Liga di que “sinto máis presión porque é unha liga maior, as regatas son máis duras e sei ao que me expoño. Sei o que vou ter que enfrontar e por iso me estou a esixir máis que o ano pasado”.

En canto á actitude coa que farán frente as regatas asegura que “temos que andar con humildade, temos que ser ambiciosos mais á vez descarados. Descarados porque como non enfrontemos as regatas con certo descaro, vannos caer sopapos de todos os lados”. A iso engadiu que “vexo o equipo con vontade e valentía, estamos a facer adestramentos bos e iso dame confianza para me enfrontar a calquera na liga”.

Voltar