Novas 2017
ESPECIAL
17 Mai 2017
"O que se despiste vai ficar de último"
Mikel Arostegi, adestrador da ‘Libia’ analiza a pretempada dos seus para ACT TV
Esta semana conversamos con Mikel Arostegi, adestrador de San Pedro, das novidades do equipo pasaitarra de cara unha nova tempada da Eusko Label Liga. O oriotarra afronta este 2017 a súa segunda campaña á frente dos encarnados co obxectivo de non pasaren apuros no final de tempada.
Arostegi advirte da dureza desta competición e da esixencia de estar concentrados en cada regata, é por isto que avisa que en calquera xornada “o que se despiste vai ficar de último, seguro”. O adestrador da ‘Libia’ ten claro que os obxectivos desta tempada pasan por “non descendermos e deixar a dous por detrás”, evitando así as sorpresas que poida deparar o playoff de ascenso de final da tempada. En canto aos aspirantes para se faceren este ano coa Coroa CaixaBank, o guipuscoano salienta que “Hondarribi, Urdaibai Avia e Orio Babyauto están un chanzo por riba do resto”.