Novas 2014
ESPECIAL
13 Feb 2014
ACT TV hoxe solta estachas!
Esta nova canle solta estachas e servirá para mantérmonos informados de toda a actualidad referente á Liga San Miguel e Liga Euskotren
A tempada de precompetición está lanzada e os equipos comezan a pulir as súas tripulacións para chegar no mellor estado posíbel á época estival. Co fin de que todo isto e moito máis fique reflectido, a ACT continúa o seu camiño tratando de abrir novos horizontes. É por isto que hoxe estreamos o que de agora en diante será a canle oficial da competición: ACT TV. Dende este novo soporte, toda a familia do mundo do remo poderá saber de primeira man a actualidade de cada un dos clubs participantes grazas ás diferentes entrevistas, declaracións ou reportaxes que se virán realizando ao longo do ano.
Aproveitaremos este novo soporte para poder coñecer outras facetas dos protagonistas do mundo do remo. Para isto incluiremos seccións especiais coas que tentaremos facer chegar o mundo das traíñas o máis lonxe posíbel. ACT TV tampouco esquecerá o debate, a opinión e a análise que xera este deporte. E, como non podía ser de outro xeito, o afeccionado terá un peso fundamental neste novo percorrido. ¡Benvidos á ACT TV!