Novas 2018
ESPECIAL
11 Out 2018
Xa está aquí 'Lo que Lojo no ve'!
Un ano máis a cámara de ACT TV foi testemuña dos momentos máis graciosos da tempada
A Eusko Label Liga e a Liga Euskotren crearon unha grande expectación este verán co espectáculo dado polos clubs na auga, con regatas de moi alto nivel, onde a vitoria se decantou en favor dun ou doutro por apenas unhas poucas centésimas.
Unha vez afastada a tensión da competición chegou o momento de botar unha ollada a todo o que non se viu durante o verán, cousas que apenas a cámara da ACT TV viu e que vai compartir hoxe con todos vós. Voltamos revisar as moitas horas de grabación que acumulamos durante os últimos cinco meses, e atopamos auténticas perlas, momentos dignos de aparecer entre as nosas tomas falsas.
Non se libra ninguén, todos están baixo a atenta ollada do noso visor. Aínda que penses que ninguén está a ver, ten en conta que pode que esteamos a grabar. Gozade agora do vídeo máis simpático da tempada! Con todos vós, 'Lo que Lojo no ve' 2018!